Cargando Eventos

Brinde a bordo no Día Movimiento Vino D.O.

Protagonista: D.O. Ribeira Sacra

27 denominacións de orixe de viño promoven un ano máis o Día Movimiento Vino D.O. O 11 de Maio todas as D.O. participantes farán un brindis simultáneo ás 13:30.h .Con este acto queren poñer en valor o viño con denominación de orixe e fomentar o seu consumo.Cada D.O. terá actividades que se poden consultar en www.vinosdo.wine. No caso concreto de Ribeira Sacra o brinde oficial será a bordo dun catamarán que partirá do embarcadoiro de Santo Estevo, sobre o río Sil contando con bodegueiros, membros do Consello Regulador, representantes das diferentes administracións e medios de comunicación. O brinde fará gozar da paisaxe e dos viñedos con maridaxe e música en directo de Ad Heyra Liti.

Sin localización