Cargando Eventos

Día na Biblioteca no Saviñao

Protagonista: Biblioteca Municipal do Saviñao

A celebración do Día das Bibliotecas terá no Saviñao varios eventos repartidos en distintas datas.

8 de outubro, ás 18 h.

Contacontos cos autores Dani Viéitez e Iria Iglesias: Álex quere ser coma papá: contacontos contra os estereotipos e a desigualdade. Ás veces a Álex dinlle que non son axeitadas as cousas que fai. A través de Alex debatemos c@s cativ@s, exemplificando distintas situacións que loitan contra os estereotipos.

15 de outubro, ás 18 h.

Obradoiro con Hermanager Producións: Deixa o móbil e debuxa: obradoiro de iniciación sobre ilustración e banda deseñada. Faremos debuxos, algunhas viñetas e/ou tiras cómicas en común e para remataremos facendo cadaquén a súa.

22 de outubro, ás 18 h.

Obradoiro coa escritora Andrea Barreira: Terroríficas, historias de terror: obradoiro de achega á literatura de terror a diversos públicos a través da lectura e da escritura. O obradoiro consta de dúas partes que combinan teoría e práctica: un repaso de distintas escritoras, do pasado ao presente, que traballaron o xénero do terror e a escritura dun relato de terror poñendo en práctica o visto no punto anterior.

Aplicaranse as medidas Covid establecidas para actividades culturais, polo que as prazas serán limitadas e deberán reservarse para cada actividade presencialmente na biblioteca ou no teléfono 982452324 en horario de 10 a 13:30 ou de 16:30 a 19:30.

8 Outubro, 2021 - 22 Outubro, 2021

O Saviñao

Doutor Portela
Escairón, Lugo 27540 Spain
+ Google Map