Cargando Eventos

Especial Antón Fraguas e Museum Week en Arxeriz

O 17 de maio, día das Letras Galegas, haberá no Saviñao unha celebración especial en homenaxe a Antón Fraguas. Será no Ecomuseo pazo de Arxeriz, xa que esta figura estivo moi vencellada a ao doutor Juan López Suárez, “Xan de Forcados”; a el atribúeselle o  mérito de que Fraguas, xunto con Lorenzana e Cuevillas estudaran as mámoas da Morá, moi preto do museo, a anta de Abuíme e tamén os castros do Saviñao, entre os que está tamén o castro de Arxeriz. Para conmemorar este feito organizaranse varias visitas guiadas con prazas limitadas ao devandito asentamento para as que é necesario anotarse.

Xa o sábado, 18 de maio, ten lugar o Día Internacional dos Museos, coordinado polo ICOM (International Council Of  Museums), durante o cal a entrada ó Ecomuseo Pazo de Arxeriz será gratuíta.

Para participar nas visitas guiadas tamén é necesario realizar reserva a través do correo electrónico ecomuseodearxeriz@gmail.com ou nos teléfonos 982031040 ou 692941667.

17 Maio, 2019 - 18 Maio, 2019

O Saviñao

Pazo de Arxeriz s/n
Fión, O Saviñao, Lugo 27548 Spain
+ Google Map