Cargando Eventos

Estrea da curta Malcavada

O venres, 13 de decembro, estrearase en Sober, no auditorio municipal unha curtamentraxe rodada en diversas localizacións do municipio e dirixida por Antonio Mourelos. Máis de 20 profesionais traballaron neste filme con argumentos no viño e na amizade, pero tamén de compromiso, na que catro amigas se xuntan, como cada verán, na Adega Malcavada. O elenco de protagonistas está integrado polas actrices Neves Rodríguez, Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta da Costa, e o actor, e tamén produtor da curta, Monti Castiñeiras. Na parte técnica Enrique Banet, Ozo Perozo ou Chus Guedella, entre outros. A estrea de Malcavada non podería ser noutro lugar distinto e lonxano da súa localización. A hora da convocatoria é ás 21.00 h.

 

13 Decembro, 2019

9:00 p.m. - 10:00 p.m.

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map