Cargando Eventos

Exposición de recunchos fotográficos de Pantón

Protagonista: Segredos de Pantón

O sábado 16 de marzo, ás 18:00 h. terá lugar na Rectoral de Castillón, en Pantón, a inauguración da Mostra de Fotografía do I Concurso Fotográfico de Nadal, impulsado polo colectivo Segredos de Pantón. Nesta exposición estará unha selección de fotografías das que se presentaron a este certame e que reflicten diversos recunchos e aspectos deste municipio. Poderá visitarse do 16 ao 31 de marzo en horario de apertura deste establecemento hostaleiro.

16 Marzo, 2019 - 31 Marzo, 2019

Pantón

Castillón 37
Pantón, Lugo Spain
+ Google Map