Cargando Eventos

Falcatrueiros representa ‘As Monxas e a María’

Protagonista: Falcatrueiros

O ciclo de teatro afeccionado ‘Buxiganga’ ten a súa parada este domingo, 28 de outubro, na Barrela. A peza ‘As Monxas e a María’, representada pola Escola de Teatro Falcatrueiros, encherá de humor e reflexións o auditorio da Casa do Concello de Carballedo. Unha vez máis será unha función con entrada de balde e dirixida a todos os públicos.

A historia sobre as táboas consiste nas peripecias dun grupo de monxas que elaboran o elixir de Santa María, que contén unha misteriosa herba que fará chegar ao convento a moitos personaxes.

A función dará comezo ás 18.30 h.

28 Outubro, 2018

6:30 p.m. - 7:30 p.m.

Carballedo

Plaza V.Portomeñe, 0
A Barrela, Lugo 27520 Spain
+ Google Map