Cargando Eventos

‘Fantasía coas palabras’ en formato musical

Este domingo 8 de novembro ás 18:00 h o salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acollerá un espectáculo musical para público infantil e familiar dentro do programa “Outono é diversión” de Política Lingüística. A Compañía María Faltri e Jorge Juncal presenta “Fantasía coas palabras”, espectáculo musical no que se unirán a música en directo e a acción teatral no recorrido polas cancións que compoñen o disco “Fantasía con Palabras”. Os compoñentes do grupo son María Faltri, Jorge Juncal, Juansy Santomé, Reynier Aldana e Max Gómez.

A entrada para esta obra é gratuíta, sendo o aforo especialmente limitado polas últimas medidas de seguridade decretadas e o peche perimetral deste municipio contra a Covid-19. Evidentemente debido á situación sanitaria é obrigatorio o uso de máscaras, haberá que gardar a distancia de seguridade e usar a solución hidroalcohólica.

8 Novembro, 2020

6:00 p.m. - 7:00 p.m.

Monforte de Lemos

Praza de España, 3
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map