Cargando Eventos

Feira da Rosca de Sober

Protagonista: Concello de Sober

Os días 11 e 12 de agosto celébrase a XXV Feira da Rosca de Sober e outros produtos da Ribeira Sacra. A coñecida por rosca de Millán, e por extensión rosca de Sober será o prato principal dunha cita que ven cargada de actividades de cultura e lecer. Participarán un total de doce postos entre os que tamén estará a olería de Gundivós, e outros stands de artesanía así como de queixo, mel, carne de cachena de Pantón e unha libraría-

PROGRAMA DE ACTOS
Xoves día 11
-Ás 20.30 horas: FALANDO A MUSICA, con Pablo Carpintero e Rosa Sánchez
Patrocina: Secretaria Xeral de Política Lingüística

Venres día 12
-Ás 10.00 Disparo de Bombas de Palenque
-Ás 10,15 Apertura de stands
-Ás 11.00 Demostración de CESTERÍA TRADICIONAL.
Patrocina CENTRAD da Deputación Provincial de Lugo
-Ás 11.30 ACTUACION do Grupo de Música Tradicional O VENTOSIÑO.
Patrocina Area de Cultura da Deputación de Lugo
Ás 13.00 DEGUSTACIÓN GRATUITA de 2.000 racións de ROSCA de SOBER con QUEIXO.
Colabora: Queixos PRADO.

IV TUNEL DO VIÑO DE AMANDI
INAUGURACIÓN: XOVES día 11, ás 17.00horas
HORARIOS:
Xoves 11 de 17.00 a 20.30 e Venres 12 de 11.00 a 15.00
Participan 30 adegas da subzona de AMANDI con 60 referencias de viños.
Organiza: Concello de Sober e VINOSACRA
Colabora: Consellería do Medio Rural e Torre de Nuñez

11 Agosto, 2022 - 12 Agosto, 2022

Sober

praza do Concello
Sober, Lugo Spain
+ Google Map