Cargando Eventos

Encontro de artesanía de Galicia en Cadeiras

Protagonista: Fundación Artesanía de Galicia

O 21 de agosto  Artesanía de Galicia terá un gran evento na Ribeira Sacra. Será nos pendellos do Santuario da Nosa Señora das Cadeiras (Sober), coa colaboración do Concello de Sober. Poderase coñecer o traballo de 17 obradoiros de Artesanía de Galicia e participar nalgún dos obradoiros abertos que se están a levar a cabo o horario será de 11:00 a 21:00 horas.

O obxectivo é impulsar a comercialización do feito a man e dar difusión aos oficios tradicionais. A iniciativa, na que participan 22 obradoiros da marca Artesanía de Galicia, estará aberta ao público nos pendellos do Santuario da Nosa Señora de Cadeiras desde as 11:00h. ata as 21:00 horas.

Poderanse atopar pezas de olería, madeira, téxtil, xoguetes artesanais, xoiería, traxe tradicional e coiro. Cabe destacar a presenza de representantes de tres dos centros de olería tradicional que continúan activos en Galicia, como son Gundivós (Sober), Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo) e Buño (Malpica de Bergantiños).

Entre os obradoiros participantes, moitos deles asentados na Ribeira Sacra e na súa reserva da biosfera, atópanse Alfarería Agustín (Xunqueira de Espadanedo); Armaior e Enxógate (Quiroga); Artesanía do Caurel (Folgoso do Courel); Bangus (Ourense); Elías de Gundivós e Figulus Olaría Tradicional da Ribeira Sacra (Sober); En lá (Monforte de Lemos) e Senda Coiro (A Pobra de Brollón).

Doutras zonas estará Isabel e a arte (Vilalba); Lucecús (Guitiriz); Lumecú (Vilar de Santos); Macala (Santiago de Compostela); Moura (Maceda); Nobelo a nobelo (A Estrada); Olería do Batán (Baños de Molgas).

Ao longo de toda a xornada celebraranse tamén catro obradoiros de balde abertos ao público para achegar os oficios artesanais á sociedade, especialmente aos máis pequenos, e contribuír así a visibilizar a marca Artesanía de Galicia. Así, os artesáns Susana González, de Terralume (A Coruña), e Antón Román (Gondomar) impartirán un taller de iniciación ao torno cerámico. Pola súa parte, María José Martínez e José Antonio Carrera (Vigo) realizarán un obradoiro de creación de cianotipias e outro sobre a técnica de estampaxe xaponesa shitotaku. A artesá Iria Ribadomar, do obradoiro Deica!(Santiago de Compostela), estará á fronte dun de debuxo.

 

Sober

Cadeiras
Sober, Lugo Spain
+ Google Map