Cargando Eventos

Feira do Viño e das Cereixas

Protagonista: Asociación Papeiros e Rabudos

O máxico enclave de Belesar festexa a fin de semana do 21 e 22 de maio a Feira do Viño e das Cereixas. A cita chega á décimo sexta edición empurrada pola asociación Papeiros e Rabudos. Poderán probarse as primeiras cereixas da tempada e os viños producidos nesta zona da ribeira do Miño entre os municipios de Chantada e O Saviñao. A feita contará con animación musical, stands de viño e de polbo, concurso de aturuxos e pregón a cargo de Bieito Ledo, escritor e editor.

21 Maio, 2022 - 22 Maio, 2022

Chantada

Belesar
O Saviñao, Lugo 27540 Spain
+ Google Map