Cargando Eventos

Felos e madamas percorrerán o rural en Esgos

Protagonista: Concello de Esgos

Esgos vivirá a xornada máis tradicional do entroido este domingo, 3 de marzo. Será o día no que as aldeas do municipio, e tamén a capitalidade, se encherán de cor coas visitas dos “felos e as madamas” dende primeira hora da mañá. Tamén, ás 17.30 h. a Praza da Souteira será escenario do desfile de entroido con premios individuais e para as carrozas.

 

Foto: Entroido ourensán (fulión)

3 Marzo, 2019

9:30 a.m. - 9:30 p.m.

Sin localización