Cargando Eventos

Festa da Cereixa e do Aceite

Protagonista: Concello de Ribas de Sil

Esta fin de semana a vila de San Clodio exhibe novamente dous dos bens máis prezados do municipio de Ribas de Sil: A cereixa en tempada e o aceite de Figueirido, o que chaman o ouro verde de Ribas de Sil. O municipio acadará o sábado e o domingo a décimo sétima edición da feira da cereixa e do aceite con múltiples actividades ademais da exposición e venda. Haberá música, deporte, artesanía, exhibicións e un pregón o domingo ás 13.00h. a cargo do coñecido fotoxornalista Toño Arias Parga.

 

.

1 Xuño, 2019 - 2 Xuño, 2019

Ribas do Sil

San Clodio
Ribas do Sil, Lugo 27310 Spain
+ Google Map