Festa de fin de actividades da mocidade
Protagonista:
Espazo Xove de Chantada
As actividades do Espazo Xove de Chantada tamén pechan a quenda do curso escolar. Este martes, 25 de xuño, terá lugar a festa de fin de curso coa exposición dos traballos realizados no centro, a peza da aula de teatro e tamén exhibición de baile. Ao día seguinte, o mércores, as representacións teatrais A Unión fai a Terra e o espectáculo de baile desprazaranse á residencia de maiores Domus Vi da vila do Asma co fin de levar a cabo un encontro interxeracional.