Cargando Eventos

Festas do Carme en Sober

Sober está de festas a partir do venres 13. A xornada de arranque estará Lucía Pérez e A Roda que levarán a cabo un conerto que  será ás 23.00h na Praza do Concello. O Concello de Sober colabora coas Festas do Carme que se van celebrar na capitalidade os días 13, 14, 15 e 16 de setembro, de venres a luns, festa local.
O sábado o pasacalle con Rechouchíos de Taboada. Ás 13.00h. misa solemne na Igrexa Nova e sesión vermú con Rechouchíos. Ás 19:00 h. a Praza do Toural será o escenario para o encontro de dúas bandas militares: Unidade de Música do Terzo Norte da Armada de Ferrol e Unidade de Música do Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa da Coruña. Ás 21:00 h. baile coa Orquestra Canela e ás 00:00 horas actuación de Sr. Aliaga.
O domingo día 15 mañá amenizada pola Banda de Música de Sober. Ás 13:00 h. procesión e misa solemne cantada polo Coro Berea. Ás 14:00 h.  concerto vermú coa Banda de Música de Sober. Xa pola tarde, ás 19:00 horas será a quenda do espectáculo familiar Saaabor! e ás 21:30 h. baile e verbena coa Orquestra Suavecito.
O luns 16 de setembro, día festivo local en Sober, haberá misa solemne ás 13:30 h. na Igrexa Nova. A partir das 20:30 horas gran paellada xigante e de balde a cargo do mestre cociñeiro José Arias con música de Estrellas.

 

13 Setembro, 2019 - 16 Setembro, 2019

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map