Cargando Eventos

Festival 17º Ribeira Sacra

Protagonista: Festival 17º Ribeira Sacra

O 17° Ribeira Sacra ofrecerá do 28 ao 30 de xullo as actuacións de 15 artistas dentro do cartel da sétima edición que se
distribuirá, co apoio da Xunta de Galicia, entre os concellos de Chantada, Sober e A Pobra do Brollón.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiron á presentación en Santiago de Compostela desta sétima edición xunto ao director do encontro, Carlos Montilla, e representantes de diferentes empresas patrocinadoras. A cita volve formar parte de FEST Galicia.

Concertos, rutas e degustacións
Esta sétima edición do 17° Ribeira Sacra programa unha selección de 15 bandas e voces procedentes tanto do panorama galego como do estatal e mais do internacional.
Os diferentes escenarios do 17° Ribeira Sacra recibirán na última fin de semana de xullo, entre outros, o grupo madrileño Morgan, as bandas belgas dEUS e Oracle Sister, a británica Jane Weaver ou a peruana Pamela Rodríguez. A música galega estará representada polos composteláns de Pastor Eléctrico, a luguesa Catuxa Salom ou os
arousáns de Lontreira.
Á oferta musical cómprelle sumar as actividades paralelas que se impulsan para brindarlle ao público experiencias gastronómicas, culturais, paisaxísticas e etnográficas intimamente vencelladas á idiosincrasia da Ribeira Sacra. Citas acústicas, concertos en catamarán e rutas para coñecer o patrimonio son algunhas das propostas deste festival que, un ano máis, ten na gastronomía un dos seus grandes piares.
Para esta vindeira sétima edición, a selección de pratos para degustación estará elaborada por chefs de renome da zona e repartirase entre o restaurante Vértigo das Bodegas Regina Viarum, que disporá de varios postos de comida durante os concertos que se celebren nesa adega situada en Sober, e A Faragulla, de Chantada, que habilitará unha zona gastro nos recitais de Jimena Amarillo e Catuxa Salom durante a xornada de clausura.

28 Xullo, 2023 - 30 Xullo, 2023

Sin localización