Cargando Eventos

Festival Independente de Chantada

O FICH 2019 ven cargadiño de propostas musicais, un total de 23 actuacións que se repartirán do 16 ao 18 de agosto en distintos enclaves do municipio e un total de 23 actuacións con formacións dende o indie ao pop e o rock, a música electrónica e diversos estilos. Pola entrada de 10 euros hai zona de acampada e buses que conducirán aos asistentes ao escenario da explanada de Adegas Amedo. Tamén na vila concertos de balde para unha cita que non se pode perder organizada coma sempre dende Chantada e para toda a comunidade de amantes da música. Bandas e DJs locais e outras chegadas dende outros punto do estado convivirán durante tres días diferentes na vila do Asma e na ribeira.

 

16 Agosto, 2019 - 18 Agosto, 2019

8:00 p.m. a 3:00 p.m.

Chantada

Chantada, Lugo Spain
+ Google Map