Cargando Eventos

Foro Social de Chantada

Protagonista: Veciñanza de Chantada

A veciñanza do municipio chantadino quere xuntarse e falar das súas preocupacións. Por isto está convocada a primeira xuntanza do Foro Social de Chantada, que terá lugar no Parque Eloísa Rivadulla, ou campo da feira vello, o domingo 22 de setembro ás 17.30h. Nesta primeira sesión as veciñas e os veciños porán en común os temas que desexan tratar. A convocatoria é, loxicamente, aberta a todas as persoas que queiran participar nela.

22 Setembro, 2019

5:30 p.m. - 7:00 p.m.

Chantada

Parque Eloísa Rivadulla
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map