Cargando Eventos

Fotografía o teu paseo pola Pobra

Na meirande parte dos concellos da Ribeira Sacra os paseos xa son posibles dende hai días. A carón da nosa vida cotiá descubrimos estes días novas visións e detalles da paisaxe. No concello da Pobra do Brollón teñen en marcha unha actividade para compartir a través de fotos as instantáneas máis fermosas ou curiosas que aparecen ante os nosos ollos explorando os mesmos ou novos camiños.

Paseos pola Pobra consiste en facer chegar esas imaxes para que poidan ser compartidas nas redes sociais con o sen o nome do autor e autora. Arquitectura, fauna, flora, natureza compoñen as primeiras fotos xa compartidas con toda a veciñanza.

Para participar, simplemente toma unha foto neste municipio e faina chegar por whatsapp, facebook ou email ao concello da Pobra do Brollón.

Contacto: teléfono 650 624 828

Email: comunicacion@concellodapobradobrollon.gal

Foto cabalos: Veneira e de Covadelas/ Maite Regueiro.

25 Maio, 2020 - 30 Xuño, 2020

Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map