Cargando Eventos

Fotografía, formación e lecer no Espazo Xove

Protagonista: Espazo Xove de Chantada

O Espazo  Xove de  Chantada  abre  a partir  do día 24  de setembro  o prazo   de   inscrición   para   as   actividades   de   outono,   Haberá algunhas accións presenciais no   Centro: cultura   musical   e   discjockey,   pintura   ao óleo, obradoiro de teatro, obradoiro de teares e cestería,  enredados na rede, debuxo artístico, obradoiro de découpage e ximnasia musical e creativa. Estas actividades seguirán  os protocolos COVID, con menos participantes, emprego obrigatorio de mascarilla   en   todo   o   Centro, distancia de seguridade  e desinfección do recinto.

Haberá dúas actividades  on-line:   Fotografía   dixital   e Debuxo dende 0, nas que os participantes poderán seguir a actividade a través de aplicacións on-line dende as súas propias casas.

O prazo de matriculación dará comezo o xoves día 24   de setembro,presencialmente no  Espazo     Xove, e as prazas disponibles adxudicáranse por orde de presentación das solicitudes. Tamén se abrirá unha lista de reserva por se   algún participante non desexa continuar coa actividade.

Estas actividades, totalmente gratuitas, van dirixidas a xoves entre 10 e 30 anos, e empezarán o día 5 de outubro neste Centro en horario de tarde. Para recibir mais información ou consultar horarios, poden achegarse ao Centro ou ben chamar ao teléfono 982-870258 en horario de tarde.

Por outra banda, neste trimestre tamén se vai celebrar o Outono Fotográfico neste Centro que conta con tres exposicións fotográficas. A primeira leva por título “Horizontes” e vai asinada por Bruno Taboada González. Poderá visitarse dende o 24 de setembro ata o 16 de outubro en horario de tarde.

 

24 Setembro, 2020

8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Chantada

Rosalía de Castro, 66
Chantada, Lugo 27518 Spain
+ Google Map