Cargando Eventos

#GuimaraliaTeVe, entretemento e cultura comunitaria

Protagonista: Concello A Pobra do Brollón

A área de cultura do concello de A Pobra do Brollón tamén está a facer unha gran acción de entretemento e alimento para a alma nestes días difíciles. A cultura é sempre, e máis agora, un servizo social. Para  facer vida na casa e contribuír a frear o coronavirus dende a nosa posición, poñen en marcha varias propostas como:

Na web actualízanse recomendacións con propostas culturais en liña e de balde:

http://www.concellodapobradobrollon.gal/…/ideas-de-cultura-…

Trátase dun combinado de recursos audiovisuais como Adegas da Memoria ou a #pandemiadecontos do colectivo de Narración Oral Galega, lecturas como a colección de artigos de ‘O bosque de cromosomas’ da nosa Olga Novo en Luzes, ou a iniciativa ‘ad hoc’ de Ciclo de Músicas de Sofá (con taquilla inversa) e mesmo produccións da Ribeira Sacra coma o premiado documental O Moredo, on line en Vimeo.com estes días para botar o ollo á historia do entroido ribeirao. Doutra banda, a través do Facebook e do IG Guimaralia animan á veciñanza a facer as súas propostas.

Cada día, ademais, a través de vídeo nas redes do Concello, co cancelo #GuimaraliaTeVe, lanzan participacións culturais da creativa veciñanza do municipio, como as colaboracións poéticas de Noa Moreira recitadas pola comunidade local: https://www.facebook.com/APobradoBrollon/videos/553425952195347/?t=173

Tamén hai moita música e o que virá por diante estes días…

 

 

 

20 Marzo, 2020 - 20 Abril, 2020

Pobra do Brollón

Spain
+ Google Map