Cargando Eventos

VII Festa da Pisa en Parada de Sil

Protagonista: Parada de Sil

Estamos en pleno outono e no Concello de Parada de Sil promóvense moitos eventos propios destas datas dos que cogomelos e castaña son protagonistas. O vindeiro 17 de novembro a partir das 11:30 celebrarase entre as aldeas de Purdeus e Chandrexa a VII Festa da Pisa. As persoas asistente poderán recrear a pisa da castaña e posteriormente participar dun almorzo na que este froito será protagonista. Paralelamente desenvolverase a VII edición da Feira de Produtos Locais con postos de exposición e venda de produtos da zona.

Información útil:

Almorzo Popular: O menú está composto de fabada, tenreira guisada con castañas, doces variados, pan, bebida e café (12 €) nunha carpa aclimatada.

Para máis información e reservas: turismo@paradadesil.es ou no teléfono 988208010

17 Novembro, 2018

11:30 a.m. - 5:00 p.m.

Sin localización