Cargando Eventos

Jazz e cerdeiras en flor co cuarteto de Daniel Casares

Protagonista: Quinta Sacra

El Río de la Música, Jazz entre Cerezos é o nome da cita cultural e de ocio que para o mes de maio prepara Quinta Sacra nas instalacións da adega A Taranxela, Pincelo (Chantada). Será o sábado, 22 de maio, ás 19.00h. a cargo de Daniel Casares Quartet, un grupo de jazz liderado polo guitarrista Daniel Casares xunto a Ismael Cabaleiro ao violín, Xurxo Estevez no contrabaixo e Brais Lorenzo na batería. Música inspirada no jazz dos anos 50 e 60 con elementos contemporáneos do rock e do avant-garde. Formado no berce do jazz, en Estados Unidos, Casares acompáñase con outros destacados instrumentistas que integran a nova xeración do jazz en Galicia.

Para consultar máis información sobre o evento, detalles, acceso e reservas. Todo no número de teléfono 637 478 260

22 Maio, 2021

7:00 p.m. - 8:30 p.m.

Chantada

Pincelo
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map