Cargando Eventos

‘Live Homeschool’, aprende inglés dende a casa

Protagonista: Canguro English

Dende a Ribeira Sacra, o profesor australiano Christian Saunders, de Canguro English, está a levar a cabo unha acción moi destacada nestes tempos de corentena polo coronavirus COVID-19. Todas/as podemos aprender inglés dun xeito aberto e gratuítas dende a casa aproveitando o noso confinamento coas clases en vivo e con xogos e conversas en Live HomeSchool. Trátase dunha iniciativa dende a comarca de Chantada para todo o mundo que nace da forzada clausura das aulas que levou a millóns de escolares e estudantes de todas as idades a pecharse nos seus fogares. Canguro English presta axuda a alumnos e profesores e a toda a súa comunidade de seguidores ao longo do planeta de Luns a Venres. A iniciativa xa está en marcha e poden acceder a ela todas as persoas que así o desexen a través do facebook de Canguro English, da canle de Youtube e tamen algúnhas das actividades se realizan a través da aplicación Zoom.

 

http://www.canguroenglish.com

Canle Youtube Canguro English

Máis información: christian@canguroenglish.com / Instagram: @canguroenglish / WhatsApp: +34 604 006 959

 

18 Marzo, 2020 - 31 Marzo, 2020

Sin localización