Cargando Eventos

María do Ceo canta aos poetas galegos

A cantante lusa María do Ceo achegará a través da súa voz a poesía galega ao público chantadino e a todas as persoas que desexen asistir ao seu vindeiro concerto. Será na vila do Asma este sábado, 26 de setembro, ás 20.30h. e de balde. O escenario escollido é de novo a fermosa Praza do Cantón, o que nos trasladará a unha continuidade do intenso #veráncultural que este recuncho centralizou nos pasados meses.

No caso de que a meteoroloxía non acompañe, a actuación trasladarase á igrexa parroquial de Santa Mariña de Chantada, moi preto do escenario ao aire libre previsto en principio.

O Concello de Chantada acolle este evento da programación cultural da Rede de Dinamización Lingüística, a Xunta de Galicia e o programa Xacobeo. O público debe cumprir todas as normas de seguridade sanitaria como son a distancia social, o uso da máscara, o permanecer sentados nas súas prazas e a desinfección das mans.

26 Setembro, 2020

8:30 p.m. - 9:30 p.m.

Chantada

Praza de España
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map