Mater Haereses Prisciliano da Gallaecia
O Pazo de Sabadelle, en Chantada, será novamente no mes de xuño un museo da cultura viva. Esta antiga casa-pazo de Labranza alberga habitualmente eventos culturais que poñen o foco no interior de Galicia e no mundo rural, sen afastarse das máis anovadoras propostas da creación artística nas novas formas do s. XXI.
O 10 de xuño, ás 20.00h. un evento multidisciplinar dará a benvida á nova exposición que asolagará durante todo o verán as estancias deste fogar. Xosé Figueroa Lorenzana é o impulsor deste evento cultural que apreixa habitualmente a poesía, a música, a pintura, a escultura, a historia, a literaturas e outras disciplinas como o audiovisual, os oficios e as artesanías da terra, xunto coa gastronomía e o viño. Desta volta será o priscilianismo o fío condutor dunha das citas ineludibles na cultura galega no mes de xuño.