Cargando Eventos

Marcha en columnas polo 8M

Protagonista: Polamiúda

O colectivo feminista Polamiúda ten convocada unha mobilización para a xornada do 8M en Chantada. Co lema Sen Coidados non hai Vida marchará este ano a manifestación que coincide tamén cun chamamento a levar a cabo unha xornada de folga laboral, de consumo, estudantil e de coidados.

A marcha organizarase en columnas de persoas chamadas a ocupar o espazo publico mantendo as distancias de seguridade por mor da pandemia e evidentemente o uso da máscara. A saída será ás 19.00h da praza de Santa Ana, para discorrer por varias rúas ata chegar á praza do Cantón.

 

 

8 Marzo, 2021

7:00 p.m. - 8:00 p.m.

Chantada

Chantada, Lugo Spain
+ Google Map