Cargando Eventos

Moito teatro para rematar o ano

Protagonista: Rede Museística da Deputación de Lugo

A programación teatral deste outono-inverno traerá á cidade do Cabe 8 representacións teatrais que se desenvolverán durante o último trimestre do ano 2021, entre os meses de outubro e decembro.

Catro destas representacións teatrais forman parte do circuíto da Rede de Teatros de Auditorios, no que colaboran o Concello de Monforte de Lemos e a Xunta de Galicia. En concreto as catro representacións en Monforte de Lemos dentro do circuíto da Rede de Teatros e Auditorios no último trimestre de 2021 serán as seguintes:
-O 7 de outubro de 2021, La Quintana porá en escena a obra O Premio.
-O 21 de outubro será a quenda de Teatro Do Noroeste, que porá en escena a obra As Virxes Salvaxes.
-En novembro, o día 4, achegarase a Monforte a compañía Elefante Elegante que representará a obra Dreaming Juliet.

-O ciclo destas catro representacións finaliza o 2 de decembro coa posta en escena da obra Insubmisión a cargo da compañía Teatro do Andamio.

As catro representacións do último trimestre de 2021 da Rede Galega de Teatros e auditorios serán os días sinalados ás 20:15 no Edificio Multiusos. A entrada ten un custo de 5 € e para estudantes, desempregados e xubilados de 3 €.

Ciclo de Teatro Afeccionado e o Circuíto de Teatro Profesional O Concello de Monforte de Lemos tamén participa noutros dous circuítos teatrais nesta ocasión coa Deputación de Lugo -Cultura Vicepresidencia: o Ciclo de Teatro Afeccionado e o Circuíto de Teatro Profesional. Dentro do Ciclo de Teatro Afeccionado, o 12 de decembro ás 18:00 h na Casa da Cultura Lois Pereiro o grupo Alentía Teatro representará A Escada dos Contos, representación con entrada gratuíta dirixida a un público infantil e familiar.
Dentro do Ciclo de Teatro Profesional o grupo Teatro Marionetas Trécola representará o 28 de decembro ás 18:00 no Edificio Multiusos a obra A Saga de Flin Havardr. Esta representación dirixida a un público infantil e familiar tamén será de entrada gratuíta.

Dúas representacións teatrais máis Fóra dos tres circuítos sinalados en que o Concello de Monforte participa, en colaboración coa Xunta de Galicia no caso da Rede Galega de Teatros e de Auditorios e en colaboración coa
Deputación de Lugo nos casos do Ciclo de Teatro Afeccionado e do Ciclo de Teatro Profesional, o concello monfortino programa outras dúas representacións teatrais para o cuarto trimestre de 2021.
A primeira delas achegará á cidade monfortina ao Centro Dramático Galego que representará a obra O Charco de Ulises o xoves 18 de novembro ás 20:15 no edificio Multiusos. A entrada para asistir a esta representación terá un custo de 5 € e de 3 € para estudantes, desempregados e xubilados.
A segunda será o xoves 25 de novembro na Casa da Cultura Lois Pereiro. Nesta ocasión Avelino González porá en escena a obra A todo risco con entrada gratuíta. Esta representación está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Monforte de Lemos en colaboración coa Fundación Vicente Risco.
A entrada ás oito representacións teatrais ás que se fixo referencia será limitada debido á coviv-19 polo que haberá que adaptarse á normativa sanitaria en cada momento.

 

7 Outubro, 2021 - 28 Decembro, 2021

Monforte de Lemos

Ronda María Emilia Casas Baamonde s/n
Monforte de Lemos, Lugo 27400
+ Google Map