Cargando Eventos

Monboi, música da escena galega en directo

Música na Ribeira é  un encontro que conxuga a música en directo de novos talentos da escena galega en localizacións do Camiño de Santiago ao seu paso pola Ribeira Sacra. Unha iniciativa adaptada á situación actual que une a promoción da música en galego e a creación dunha peza audiovisual. Con isto a formación musical Monboi, expoñente galego dunha nova xeración de artistas que fan música actual e en galego, e que fusiona a música pop con trazas de tradición latina, estará o 6 de novembro no Salón de actos da casa da cultura de Sober, ás 20.00 horas e o 7 de novembro no Auditorio CEGAC, en Santiago de Compostela ás 13.00 horas. Dúas citas con capacidade limitada e reserva previa a través do correo electrónico: info@festivalribeirasacra.com

Esta iniciativa impúlsaa de Dezasete Grados S.L. forma parte do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, que apoia a promoción da cultura local, a lingua e os profesionais galegos que se viron afectados pola situación actual cunha paralización das propostas sen precedentes.

MÚSICA NA RIBEIRA
6 de novembro – Salón de actos de Sober – 20.00 horas.
7 de novembro – Auditorio CEGAC, Santiago de Compostela – 13.00 horas.
Capacidade limitada. Reservas en info@festivalribeirasacra.com.

7 Novembro, 2020

8:00 p.m. - 9:00 p.m.

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map