Cargando Eventos

Mostra contra a violencia machista ‘Je Ne Baise Plus’

Protagonista: Concello de Sober/ FemForte

A Casa da Cultura de Sober  amosa estes días a exposición fotográfica ‘Je Ne Baise Plus’ . Trátase da mostra de Iván Merayo con textos de Eva F. Ferreira e que neste caso chega á vila dentro do ciclo programado polo Concello de Sober en colaboración coa asociación FEMforte para concienciar contra a violencia de xénero. As imaxes que conforman esta serie distínguense por non presentar directamente escenas de maltrato, senón por aludir a esta problemática de forma simbólica. O título da exposición é unha frase que se gravaba nun tipo de xoias utilizadas en Francia no S. XIX por mulleres que querían amosar o seu desexo de non manter relación sexuais. Polo tanto, a súa intención era sinalar que a muller e a única dona da súa persoa.

Ademais a mostra compleméntase con poemas  e co “Baúl do pensamento”: unha forma de verbalizar os problemas e de expresar sentimentos, contribuíndo –así- á sonoridade, creando lazos que unen e reconforten a dor. A mostra permancerá aberta de 9.00h a 14:00 h. e de 16.00h a 20.00h. de luns a venres e os sábados de 11 a 13:00 h. deica o 25 de xuño.

11 Xuño, 2019 - 25 Xuño, 2019

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map