Cargando Eventos

Mostra de pintura de Manuel Espiño

Do 2 ao 30 de setembro está aberta ao público a exposición de pintura de Manuel Espiño na casa da Cultura de Chantada. Trátase dun artista amateur dende os 15 anos de idade, e agora que xa está xubilado ten unha maior dedicación á súa paixón. Nesta exposición podemos ver unha selección de 25 cadros de distintas temáticas como son o óleo e plumiñas con acuarelas. Nos cadros predominan as paisaxes de outono que percorreron distintas salas expositivas por recunchos de Galicia.

 

2 Setembro, 2020 - 30 Setembro, 2020

Chantada

Praza de España, 6
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map