Cargando Eventos

Mostra fotográfica ‘O Faro A Paixón Global’

Protagonista: Casa da Cultura de Chantada

Chantada non é só ribeira. A serra do Faro un dos lugares altamente simbólicos de Galicia. O fotógrafo Toni de Lola expón este mes na Casa da Cultura de Chantada unha mostra do ascenso a pé ao cumio do Faro. A procura da liberdade e a sensación de acadala está aí no alto do monte e nas imaxes que durante o mes de marzo se poderán ver na Casa da Cultura de Chantada. Branco e negro e cor que amosan dalgún modo as lembranzas da tradicional andaina na xornada dedicada á Nosa Señora do Faro

11 Marzo, 2019

8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Chantada

Praza de España, 6
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map