Cargando Eventos

Muller tiña que ser, o documentario

Protagonista: Concello de Pantón

O Concello de Pantón presentará este vindeiro domingo o vídeo documental gravado este verán con motivo do Pacto de Estado para a prevención da violencia de xénero. Será este día 20 no salón de actos da Casa do Concello en dous pases. A primeira das proxeccións terá lugar ás 17.00h. e a seguinte ás 18.30h.

Para confirmar asistencia é preciso reservar praza no teléfono 982 456 377. Tamén se poderá entrar asistindo 10 minutos antes de cada pase sempre que non estea xa completo o aforo.

 

20 Decembro, 2020

5:00 p.m. - 7:30 p.m.

Pantón

Ferreira de Pantón, Lugo 27430 Spain
+ Google Map