Cargando Eventos

‘Música de Cámara co ciclo Tradición. En Clave Delas’

Protagonista: Vicepresidencia Deputación de Lugo

O departamento de Cultura da Deputación de Lugo promove o ciclo de concertos ‘Tradición. En Clave Delas’, con
actuacións en Lugo, A Fonsagrada, Ribadeo, A Pastoriza e Chantada. O grupo de cámara Lucus Ensemble interpretará un repertorio que liga a música tradicional e a instrumentación sinfónica.

Con dez músicos e dúas voces, o grupo de cámara interpretará un repertorio propio, no que liga instrumentos tradicionais con outros do ámbito sinfónico para ofrecer un espectáculo “entretido, pensado para ser tocado en exteriores e dar vida ás rúas e ás prazas”, segundo explicou o seu coordinador, Santiago Noriega.

A Praza de San Marcos de Lugo acollerá este venres 4 de setembro o primeiro concerto desta xira, a partir das 19.30 horas. O recinto para o público estará delimitado e disporanse cadeiras para que as persoas asistentes poidan seguir a actuación gardando a distancia de seguridade e cumprindo coas limitacións de aforo para eventos en exteriores establecidas para a cidade de Lugo no DOGA, fixado en 150 persoas. O uso de máscara será obrigatorio e facilitarase xel hidroalcólico para a hixiene de mans.

A xira pecharase o 17 de outubro en Chantada, no marco do Festival de Bandas de Música organizado pola Banda de Música de Chantada.

Chantada

Chantada
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map