Cargando Eventos

Música solidaria

Protagonista: A Academia

Este venres, 27 de decembro, a música con fins benéficos reunirá a moitas persoas en Chantada. Será un festival resultado da colaboración entre A Academia de Ensinanzas Musicais e a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia. Haberá actuacións corais, de guitarras, frautas, música e movemento etc. A entrada é de balde e recolleranse fondos en favor deste colectivo que traballa para a mellora da situación dos nenos e nenas que padecen cancro en Galicia.

27 Decembro, 2019

8:00 p.m. - 9:00 p.m.

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map