Cargando Eventos

Na procura do mellor deseño para anunciar a Feira do Viño de Amandi

Protagonista: Concello de Sober

O Concello de Sober chama á creatividade para anunciar o seu gran evento anual, a Feira do Viño de Amandi. Con este fin convoca de novo un concurso de deseño gráfico de cara  á 39º Feira do Viño de Amandi, que se celebrará os días 13 e 14 de abril de 2019. Segundo as bases publicadas na web do concello e nas redes sociais poderá concorrer toda a poboación.

 

Temática

Os deseños deben reflectir o espírito da Feira do Viño de Amandi facendo especial fincapé no sector vitivinícola e patrimonio e cultura. Quedarán en poder do Concello de Sober e o gañador será empregado como cartel anunciador da XXXIX Feira do Viño de Amandi, así como nos programas de man. Os restantes carteis presentados poderán ser expostos.

O cartel gañador será propiedade do Concello de Sober, quen poderá cedelo a terceiros. O autor ou autora renuncia a todos os dereitos de explotación, só conservarán os dereitos de autor para incluílo no seu currículo.

 

Como participar

Os traballos deberán ser presentados nun sobre pechado co lema do cartel, sen ningunha forma de identificación.  Outro sobre levará escrito o lema e no seu interior deberá conter os datos do autor, tales como o nome, o enderezo e o teléfono de contacto. O cartel terá que levar de xeito obrigatorio os seguintes compoñentes: XXXIX Feira do viño de Amand/ Festa de Interese Turístico/ Sober/ A páxina web www.concellodesober.com/  data de celebración, 13 e 14 de abril.

A entrega de orixinais farase na Casa do Concello dende o 7 de xaneiro, ata o día 22 de febreiro de 2019. O horario de entrega será de 10:00 a 14:00 horas. Tamén poden ser enviados por correo postal.

 

Xurado e premio

O xurado emitirá o seu fallo 10 días despois do peche da convocatoria. Estará formado por persoas cualificadas na materia, reservándose a facultade de declarar deserto o premio. O premio ao traballo gañador está valorado en 600 euros. Os participantes someteranse á decisión do xurado, que resolverá sobre calquera dúbida non prevista nas presentes bases. No caso de facerse unha entrega pública ao gañador ou gañadora comprométese a asistir ou facerse representar debidamente no acto de entrega do premio.

Os  traballos en formato A3 e técnica libre deberán ser presentados en soporte ríxido para facilitar a súa exposición. Só se pode presentar un cartel por autor ou autora. O gañador entregará unha copia do cartel en formato dixital que permita o seu proceso informático e inserirá os logotipos das entidades patrocinadoras facilitadas polo Concello de Sober para a súa publicación.

Quedan exentas aquelas persoas que teñan recibido o premio cando menos en dúas ocasións.

4 Febreiro, 2019 - 22 Marzo, 2019

10:00 a.m. a 2:00 p.m.

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map