Cargando Eventos

Nadal de actuacións e exposicións no Espazo Xove

Protagonista: Espazo Xove de Chantada

O martes 22 de decembro o Espazo Xove de Chantada celebra un pequeno encontro de Nadal dividido en varias sesións:

  • Conto a cargo de Estefanía Padullés, que presenta “Rato canta a pleno pulmón”,  acompañada dos participantes na aula de teatro de sombras.
  • Representación teatral “A peticion”, baseada nun conto popular e adaptada pola profesora de interpretación, Paqui Abeledo.
  • Música de frauta traveseira que presentará “Doce nadal” .

A primeira representación será ás 18:00 h e a segunda ás 19:00 h.

Segue aberta a exposición inaugrurada o 18 de decembro coas obras de pintura ao óleo creadas polo alumnado deste centro e coordinados pola debuxante  Estefanía  Padullés. Poderá visitarse en horario de tarde ata o 28 de decembro.

 

 

 

22 Decembro, 2020 - 27 Decembro, 2020

5:00 p.m. a 6:00 p.m.

Chantada

Rosalía de Castro, 66
Chantada, Lugo 27518 Spain
+ Google Map