Cargando Eventos

Novas actividades no Espazo Xove

O Espazo Xove de Chantada segue adiante coas actividades de outono que deron comezo a principios de outubro, e coas exposicións fotográficas correspondentes ao Outono Fotográfico.

Ademais, nestes momentos queremos incrementar o número de actividades para que os mozos e mozas podan participar.  Así, en breve empezaremos coas actividades de: Técnicas e habilidades de estudio, literatura e escritura creativa, habilidades sociais e resolución e conflictos, pintando con acuarela e teatro de sombras e monicreques.

Estas actividades, totamente gratuitas, van dirixidas a mozos entre 10 e 30 anos, e serven para fomentar a súa creatividade, habilidades sociais, hábitos de estudio e de convivencia social.

Por outra banda, seguimos adiante coa programación do Outono Fotográfico. A partir do 22 de outubro poderemos disfrutar da exposición asinada por Angel Luis Utrera Baza, que leva por título “Pandemia”, e  representa un pouco o que vai  significando a nosa vida durante estes últimos tempos a traves de 25 fotografías e textos poéticos do autor.

 

16 Outubro, 2020 - 31 Decembro, 2020

Chantada

Rúa Rosalía, 1
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map