Cargando Eventos

O documental ‘O Moredo’ on line

A axenda caseira increméntase día a día durante o estado de alarma con eventos a través da rede que amplían a oferta cultural dende o confinamento. A apertura de determinados contidos cinematográficos é unha aposta crecente á que se sumou o director chantadino David Vázquez, que pón a dispor do público o premiado documental ‘O Moredo. A resistencia do entroido ribeirao’  Trátase dunha curtametraxe selecionada en múltiples festivais ao longo do mundo dende a súa estrea e que ten recibido varios galardóns tanto en Galicia como ena América Latina. Esta peza, feita con Airoá Comunicación, está estes días ao alcance de todos a través de internet e de balde. A seguinte ligazón permite visionala a través da plataforma Vimeo.com e volver ás orixes e á historia de loita por manter unha das tradicións que son patrimonio inmaterial da Ribeira Sacra. Sempre grazas á unión e ao traballo do pobo.

ligazón para ver O Moredo  https://vimeo.com/188155023

16 Marzo, 2020 - 31 Marzo, 2020

Sin localización