Cargando Eventos

O Festival Atlántica chega á ribeira na barca dos contos

Protagonista: Festival Atlántica

Do 1 ao 10 de xullo chega volve o Festival Atlántica a Galicia. O Festival internacional de narración oral pasará os días 3 e 4 de xullo entre o O Saviñao e Chantada cun dos contadores máis especiais da nosa terra. Anxo Moure e un par de embarcacións tradicionais estarán a contar historias sobre o río Miño para todas as nenas e nenos e as súas familias. Entre máis de 30 narradoras e narradores de moitos países do mundo, o chantadino participará neste gran encontro ao longo da xeografía galega que chegará con él á nosa ribeira e será de balde e aberto a todas as persoas que queiran participar por quendas.

A barca dos contos levará a bordo historias de xacias e homes peixe, papeiros e rabudos, contos para coidar os ríos

Lugar: A ponte do Miño (estrada antiga Chantada/Monforte – O Saviñao Diomondi)
Barca: Batuxo e Barca das dornas
Sesións: 15 minutos por viaxe cruzando o Miño dende O Saviñao ate Chantada (fronte a desembocadura do rio Asma)
Persoas por viaxe: Familiar (cinco persoas) por grupos máis pequenos o maiores consultar ao correo festivalatlantica@gmail.com
Seguridade: Chalecos Salvavidas
Seguros: Mapfre
Medidas anticovid: Contos con máscara, xel hidroalcólico e desinfección da embarcación en cada viaxe.

Nado en Chantada o 28 de decembro de 1963, Anxo Moure é un ambientalista, escritor e contacontos galego. Contacontos dende 1989 e barqueiro da A.C. Barcas do Miño con experiencia de 25 anos no manexo de embarcacións tradicionais e con actuacións no Miño e no Cabe, no Ulla e mais no mar da Illa de Arousa. As súas actividades son cómicas e divulgativas, enmarcadas no ecoloxismo e o ecopacifismo Impulsou a creación do Cinema Palleiriso na aldea de Garabelos, na parroquia de Mariz.

 

3 Xullo, 2021 - 4 Xullo, 2021

O Saviñao

Diomondi
O Saviñao, Lugo Spain
+ Google Map