Cargando Eventos

O tren dos Reis

Os Reis Magos chegarán a Monforte en tren. A chegada á estación está prevista para as 16:50h. e dende alí comezará o desfile cunha carroza en forma de estrela en primeiro lugar seguida de cisnes e fadas e as tres carrozas dos reis. Unha charanga e gaiteiros poñerán a música durante o percorrido. A saída da estación será ás 18:00 h. e percorrerán as rúas de Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal e Avenida de Galicia rematando no Campo de Santo Antonio.

5 Xaneiro, 2020

4:50 p.m.

Monforte de Lemos

Monforte, Lugo 27400
+ Google Map