Cargando Eventos

Obradoiro: A violencia contra as mulleres en entornos dixitais

Protagonista: Centro de Información á Muller Chantada

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Con este motivo sucédense en todo o mundo actos de rexeitamento ás violencias patriarcais e de apoderamento feminista. O Centro de Información ás Mulleres de Chantada súmase como cada ano organizando unha serie de actos de sensibilización contra esta lacra social. Este ano poñen o foco na pedagoxía na infancia e mocidade da Comarca  e desenvolven unha serie de actividades que desbordan a data oficial. O mércores día 14 no CEIP José Luis Taboada de Carballedo levarán a cabo un obradoiro para crianzas de 4º, 5º e 6º de Primaria sobre violencia contra as mulleres en contextos dixitais a cargo de Pantallas Amigas.

14 Novembro, 2018

8:00 a.m. - 2:30 p.m.

Carballedo

Av. del Grupo Escolar, 7
Carballedo, Lugo 27520 Spain
+ Google Map