Cargando Eventos

Os Reis chegan en Globo

Protagonista: Concello de Taboada

Este martes, 5 de xaneiro, os Reis farán visitas diferentes aos nenos e ás nenas da comarca, pero estarán presentes en todos os concellos a través de distintos formatos orixinais. En Taboada farán a súa aparición en globo aerostático no campo de fútbol da Medela ás 17.00h. Alí poderán ir recibindo ás distintas unidades familares, ás que se lles dará un número para achegarse ás Súas Maxestades.
Antes diso sobrevoarán Taboada a partir das 16.00h. se as condicións meteorolóxicas o permiten. Unha vez rematada a recepción na Medela, os nenos a partir de 7 anos de idade poderán subir en globo a unha altura de 25 metros. Tamén haberá unha entrega de agasallos. Para participar nesta actividade é necesario que se apunten no Concello de Taboada a través do teléfono 982 465 301 de 9.00h a 15.00h.
O Concello incide na importancia de cumprir as medidas de seguridade sanitaria e distancia social fronte á Covid- 19 que serán definidas para tal ocasión.

5 Xaneiro, 2021

4:00 p.m. - 6:00 p.m.

Taboada

Lugo 27550
+ Google Map