Cargando Eventos

Os sabores de outono no Chantapas

Protagonista: Asociación de Empresarios de Chantada e CCA

Chantada será a capital do tapeo novamente esta fin de semana. O venres comeza a segunda volta desta nova edición do Chantapas, na que  participan un total de 17 establecementos de hostalería da vila de Chantada. O concurso de tapas está impulsado unha vez máis pola Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra e busca dinamizar a vila e o sector ao tempo que poñer na axenda unha oferta de lecer para as veciñas e veciños.

A faragulla, Asadeiro os Larpeiros, Bar Carballeira, Cerveceria Cheers, Bar No Rio, Cafe Bar Parada Cafetería Manix, Bar Plaza, Café Cantón, Cafetería Santa Ana, Universal, Larpeiriña,  O casino, Dedebo, Mesón Lucus  Pizzería O Agocho e Tropik Chantada compoñen o percorrido gastronómico deste ano.

Os días 16, 17 e 18 de novembro  a partir das sete da tarde será de novo o momento de ir de ruta e experimentar os sabores da tempada. O concurso estará en mans únicamente dun xurado profesional, pero haberá un sorteo de 100€ para aquelas persoas que consuman máis de 8 tapas, poñan selo ao pasaporte e rematen por deposítalo nas urnas.

16 Novembro, 2018 - 18 Novembro, 2018

7:00 a.m. a 11:00 p.m.

Sin localización