Cargando Eventos

Outono Musical de bandas e de mulleres

Chegou o outono e con el moitas das cousas boas que tamén trae esta tempada. Na Ribeira Sacra sempre hai espazo e tempo para a música, e en Chantada regresa, para porlle cor a estes días O Outono Musical Louredes Vázquez Ledo. A Banda de Música de Chantada vai xa pola quinta edición deste ciclo de concertos que homenaxean á compañeira finada Lourdes e que enchen de contido e cultura os sábados do mes de outubro no auditorio municipal.

Teñen unha cita os días 5, 12, 19 e 26 de outubro ás 19.30h. Cultura e este ano tamén en formato charlas a través da análise da figura da muller nas bandas de música. Este primeiro sábado haberá coloquio e estará presente ademais unha  testemuña das primeiras mulleres que pasaron a formar parte desta Banda con máis de 150 anos de historia.

 

 

5 Outubro, 2019 - 26 Outubro, 2019

7:30 p.m. a 8:30 p.m.

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map