Cargando Eventos

Volven as barcas de paseo ao río Cabe no tramo urbano

As barcas volven ao Cabe no seu paso pola localidade de Monforte, e con elas os paseos polo río. Como novidade o Concello estrea 2 embarcacións novas, que se engaden ás 4 barcas xa existentes. O Club de Montaña e Piragüismo Quixós encárgase da xestión desta actividade, ofrecendo viaxes, dunha duración de media hora, cun custe 3,25 euros, como en anos anteriores.

Esta proposta de verán permanecerá aberta dende o 1 de xullo ó 30 de setembro, en horario de luns a venres, entre as 18:00 e as 22:00 horas, e fins de semana e festivos, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas.

Os paseos en barca contarán cunha serie de normas de seguridade e hixiene ante o COVID-19 que deberán ser seguidas polos seus usuarios, que deberán atender tamén ás recomendacións dos encargados do servizo.

1 Xullo, 2021 - 30 Setembro, 2021

Monforte de Lemos

Monforte de Lemos, Lugo 27400
+ Google Map