Cargando Eventos

‘Poeta en Nova York’ no teatro

Protagonista: Vicepresidencia Deputación de Lugo

O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro, e programa para este xoves 17 de decembro unha obra dirixida a  público adulto no Edificio Multiusos a partir das 20.15 h, dentro do ciclo “Seráns Teatrais” organizado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo. O aforo máximo será de 30 persoas, debido a que a montaxe da propia así o determina. A entrada é gratuíta e o acceso ao salón de actos por parte do público realizarase media hora antes do comezo da obra.

A montaxe da compañía ‘Teatro baixo da area’ conta coa dirección de Paloma Lugilde e achégase á obra do  poeta desde conceptos pouco habituais nos que a compañía destaca “o dó como forza motriz a través do trato coa morte (tema ritual do poemario) ou a crise do desexo”, cunha grande dose de experimentación escénica

-Todos os asistentes deberán seguir as indicacións do protocolo específico de seguridade e hixiene ante o Covid-19 co que conta o Concello para as representacións teatrais no Multiusos.

17 Decembro, 2020

8:00 p.m. - 9:30 p.m.

Monforte de Lemos

Ronda María Emilia Casas Baamonde s/n
Monforte de Lemos, Lugo 27400
+ Google Map