Cargando Eventos

Portas Abertas nas Rutas do Viño de Galicia

Protagonista: Ruta do Viño da Ribeira Sacra

En outubro celébranse as X Xornadas de Portas Abertas nas Rutas do Viño de Galicia. Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 15 e o 17 de outubro. Contarase con visitas guiadas e gratuítas ás adegas:

Adega Vella, Abadía da Cova, Amedo, Bodega Ribada, Rectoral de Amandi, Casa Moreiras, Condado de Sequeiras, Ponte da Boga, Proencia, Ronsel do Sil e Vía Romana.

Ao finalizar as visitas ofreceranse degustacións de viños. Os restaurantes participantes contarán con menús concibidos para esta ocasión con pratos maridados con viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Nesa fin de semana contarase co Bus do Viño , con 4 saídas o sábado pola mañá, unha do Parque dos Condes de Monforte, dúas da Estación de Ferrocarril de Ourense e unha da Praza da Bretaña en Lugo. O día 17 haberá un Bus do Viño con saída de Monforte e outro desde Ourense.

A actividade ten un custo de 10 €/adult@ – 5 €/nen@ (de 3 a 13 anos). O xantar non está incluído. As prazas son limitadas recomendando reserva previa en www.enoturismoengalicia.com.

Organízanse tamén catro rutas:

Ruta do Románico en Sober, con saída o día 16 ás 10.00 dende a Oficina deTurismo de Sober. Visita a pé pola parroquia de Proendos. Ruta circular de 3 quilómetros, de dificultade baixa. A actividade é gratuíta e non inclúe transporte.

Ruta entre oliveiras da Ribeira Sacra , con saída o día 16 ás 9.00 do aparcadoiro do parque dos Condes. O prezo é de 10 € / persoa con guía acompañante e transporte incluídos, para visitar as oliveiras e a almazara de Aceiroga, o muíño de aceite de Bendilló e o Museo Etnográfico de Quiroga. Farase unha degustación de aceites acompañados de queixos da D.O.P. Arzúa- Ulloa e diferentes elaboracións de pans.

Entre viños e pinchos, con saída o día 16 ás 18.00 do aparcadoiro do Parque dos Condes. A actividade, que ten un prezo de 10€/persoa, conta con guía acompañante e transporte incluídos para visitar adegas Amedo en Chantada e Casa Moreiras en Pantón. Inclúese tamén a degustación de dous pinchos no restaurante O Grelo de Monforte de Lemos.

Ruta entre sendeiros do Cabo do Mundo, con saída o día 17 ás 9.00h. do aparcadoiro do Parque dos Condes. A actividade ten un prezo de 20€/persoa para coñecer a Ruta de sendeirismo PR-G 162 Ribeira Sacra do Miño, un tramo de 8 quilómetros cunha dificultade media/baixa. Inclúe visita á adega Abadía da Cova con degustación de tres viños, ruta en lancha polo río Miño con outra degustación de pinchos e viños, guía acompañante e transporte.

As 10 Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra contan tamén con descontos nas visitas ao Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra, ao Ecomuseo de Arxeriz e ao Museo Etnográfico de Quiroga

. Ademais de rutas guiadas en Segway con Enoturismo Galicia no miradoiro de Soutochao, contarase concata maridaxe, o venres, 15 de outubro, a partir das 19.00 no Ecomuseo de Arxeriz. A actividade é gratuíta.

 

Para máis información:

Tel.: 698 167 991

https://rutadelvinoribeirasacra.org/actividades/gl

rutavino@ribeirasacra.org

Sin localización