Cargando Eventos

Premio Ribeira Sacra para intérpretes de corda

Protagonista: Ribeira Sacra Cultural

Nace o  Primeiro Certame Internacional de Interpretación Musical, Premio Galimusic-Fest Clásico Ribeira Sacra. Como consecuencia dos cambios e restriccións en eventos derivados da pandemia da Covid-19 o Festival de Música de Cámara Ribeira Sacra levará a cabo unha convocatoria virtual.

A Asociación Ribeira Sacra Cultural levará a cabo un concurso no que poden participar instrumentistas de violín, viola e violonchelo deica os 23 anos. O prazo de inscrición será deica o 20 de novembro, e a gañadora ou gañador do concurso terá a oportunidade de realizar o concerto de inauguración incluído na programación do Fest Clásico Ribeira Sacra 2021. Toda a información, bases, e ficha de inscrición están na web www.festclasicoribeirasacra.com

O xurado do certame está integrado por artistas residentes: Carole Petitdemange e  Vladyslava Luchenko (violín); Alessandro D´Amico e Alejandro Regueira (viola); Fernando Arias, Alexandre Foster e Beatriz Blanco (violonchelo).

Para outras dúbidas poden dirixirse ao correo ribeirasacracultural@gmail.com

A asociación Ribeira Sacra Cultural é unha entidade sen ánimo de lucro, centrada na promoción da cultura. Pretende integrar a música de calidade e clásica no territorio sendo un vehículo para achegar á veciñanza ao contexto artístico e paisaxistico da contorna.

26 Outubro, 2020 - 20 Novembro, 2020

Sin localización