Cargando Eventos

Gastronomía de entroido co ‘Estase Cocendo’

Protagonista: APEHL

Apetecen, e moito, os cocidos. A medida que se aveciña o entroido comezan as xuntanzas arredor da mesa e do prato galego máis completo. A asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo, dende a delegación da Ribeira Sacra, xa ten en marcha a súa campaña Estase Cocendo. A través dela, restaurantes, bares e establecementos de turismo rural ou hoteleiros celebran as xornadas dedicadas ao cocido galego con diferentes ofertas en menús e tapas relacionadas con este prato e incluso descontos especiais para pasar a noite nos establecementos asociados. Será do 9 de febreiro deica o 10 de marzo.

A faciana coñecida que apadriña este ano o Estase Cocendo é o actor galego Monti Castiñeiras. Compadre da campaña máis saborosa desta tempada.

———————————————————————————————————————————————————————

Foto: Restaurante Pulpería Os Pendellos

9 Febreiro, 2019 - 10 Marzo, 2019

Monforte de Lemos

Lugo Spain
+ Google Map