Cargando Eventos

Presentación do II Anuario Via Jacobitana

A Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra organiza un acto de presentación do seu II Anuario Via Jacobitana, Terá lugar o vindeiro mércores 19 de decembro ás 19 h. no Centro do Viño en Monforte. Trátase dunha revista científica que busca dar a coñecer o patrimonio material e inmaterial en torno ao Camiño de Inverno, e que da novas informacións sobre esta ruta, partindo do testemuño da primeira publicación.

Algúns dos seus artigos son ‘O castro de San Lourenzo: un sitio arqueolóxico nas orixes da Ribeira Sacra’, por Xurxo Ayán e Xosé Gago, ‘Unha hospedería monástica na Ribeira Sacra’, por Flora Enríquez, ou ‘Aqua Quintina, un estratéxico nó viario romano no percorrido do Camiño de Inverno’, por Javier Gómez Vila.

No acto de presentación participarán María del Carmen Martínez Insua (Directora Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia), José Manuel Arias López (Presidente do Leader Ribeira Sacra-Caurel), Martín Alemparte Vidal (Xerentedo Leader Ribeira Saéra – Caurel) e Aida Menéndez Lorenzo (Presidenta Asoc. Camiños Santiago pola Ribeira Sacra), editora da publicación.

19 Decembro, 2018

7:00 p.m. - 9:00 p.m.

Ribeira Sacra

Rúa Comercio, 6
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map